xoves, febreiro 22, 2001

AFANOSAMENTE traballaron onte os alumnos do colexio de Rubiáns. Todos os escolares do centro, fóra dos de Educación Infantil, saíron ao campo durante a mañá. O motivo, nesta ocasión, era plantar ao redor de duascentas árbores. A actividade enmárcase dentro do programa que Voz Natura coordina cos centros educativos. Desde que Voz Natura púxose en marcha, o colexio de Rubiáns participou cada ano nesta programación. De feito, un ano conseguiu facerse co premio provincial grazas ao horto que teñen no exterior do edificio, no que os alumnos poden cultivar todo tipo de vexetais. Legumes, hortalizas, aromáticas e flores son algunhas das especies que os escolares coidan e ven crecer. Unha boa forma de chegar a coñecer de onde veñen os alimentos que consomen a diario, e aprender a respectar a natureza.


DOUSCENTOS EXEMPLARES de árbores autóctonas foron plantados onte polos nenos de Rubiáns nunha parcela de Cea que cedeu a comunidade de montes, cuxo tesoureiro é José Luis García Villar. Esta iniciativa parte xa desde o primeiro ano de participación en Voz Natura. Entón plantaron sementes de árbores nunha parcela nas inmediacións do colexio. Con estes e outros exemplares que compraron en viveiros fixeron a plantación de onte, á beira do campo de fútbol da Veiga.

BEN ACOMPAÑADOS. Na súa dura tarefa, os pequenos estiveron acompañados polas dúas profesoras que se ocupan en coordinar o programa de Voz Natura no centro. Nieves Seoane e Sara Villaverde guiaron e coidaron aos seus alumnos en todo momento. Nun futuro, a plantación que realizaron onte os pequenos poderá servir de agradable sombra a moitos paseantes, dado que a comunidade de montes de Cea pretende converter esta zona en área de recreo.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.