xoves, xuño 29, 2006

O Pazo Provincial acolleu onte o sorteo da primeira rolda de Cópaa Deputación, na que se inscribiron cincuenta e seis equipos. A eliminatoria, que se disputará o día 20 de agosto ás 18.00, terá vinte e catro encontros. Dos conxuntos da comarca do Salnés que militan en Terceira o único que terá que debutar neste fase inicial será o Céltiga, que quedou emparellado co Rubiáns.

Os demais emparellamentos son os seguintes: Rápido de Bouzas-Porriño, Santa Marina -Villar, Nigrán Louredo, Chain-Nespereira, Castrelos-Pereiró, Traviesas -Teis, Valadares, Bouzas B, Atios-Lavercas, Silleda-Grove, Grove B-San Martín, Santomé-San Andrés, Cuntis-Caldas, Presqueiras-Pontevedra B, Figuerido-Bora, Moaña-Catoira, Praderrey-Campo Lameiro, Combarro-San Xurxo, Armenteira-Portas, Cesantes-Sampaio, Bamio-Drakkar, San Pedro-Salcedo, Pasarón-Eiriña, A Lama-Carballedo e o xa mencionado Rubiáns-Céltiga.

Oito equipos pasan directamente á segunda eliminatoria, que está prevista para o día 27 de agosto tamén ás 18.00 e que quedaron emparellados da seguinte forma: Caselas-Arbo, Coruxo-San Miguel, Arousa-Lalín e Portonovo-Vilalonga.

A terceira será o día 12 de outubro, ás 16.30 e están fixadas xa tamén as datas das seguintes roldas. Así, os cuartos de final disputaranse o día 1 de novembro (16.30) e as semifinais xogaranse o día 6 de decembro ás 16.00. Queda unicamente no aire a celebración da gran final.

A competición copeira provincial rexorde polo tanto a próxima tempada cun aliciente especial para os clubs. Ademais do aspecto competitivo, o compoñente económico tamén será tido en conta polas entidades, que recibirán catrocentos euros por encontro disputado

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.