O Concello fai extensiva a súa invitación aos directivos das entidades veciñais, culturais e colectivos de mulleres da parroquia, así como a todos os veciños que desexen coñecelo. O centro de Rubiáns levántase sobre unha parcela de 2.625 metros cadrados, situada a escasa distancia das instalacións das que ata o momento viñan facendo uso os veciños. Estas dependencias situábanse debaixo do palco da festa. O novo edificio, en cambio, ten unha soa planta e dispón dun local multiusos para reunións comunitarias, con posibilidade de acoller bailes ou exposicións, un local con biblioteca, dúas aulas, dous despachos, cafetería e aseos. Faise realidade grazas a un investimento de 300.000 euros.
As distintas dependencias ordénanse ao redor dun espazo central, que serve de vestíbulo. Este mesmo espazo separa o edificio en dous partes. Unha delas é o salón de actos -á dereita da entrada-, a outra corresponde á zona de cafetería, aulas, despacho e salón de lectura -á esquerda.
Esta particular disposición ten un sentido, xa que facilita o uso independente de cada unha das áreas en distintos horarios. Visualmente, os dous espazos tamén se diferencian. De feito, o salón de actos dispón dun maior volume e un tratamento de fachada distinto ao do resto das dependencias. A superficie total do novo equipamento da parroquia vilagarciá ascende a 540 metros cadrados.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario