A Policía considéralles responsables de roubar en dous domicilios, en varios vehículos estacionados nun aparcadoiro e nun establecemento de hostalería.
Xunto aos xemelgos de Loenzo, ambos de 22 anos de idade, a Policía tamén detivo por estes mesmos feitos a un amigo dos irmáns, G.F.F., de 28 anos de idade e tamén veciño de Vilagarcía.
Como resultado da investigación destes roubos, o Corpo Nacional de Policía de Vilagarcía tamén detivo a outros dous veciños de Vilagarcía acusados dun delito de receptación e de tráfico de drogas. Os axentes consideran que J.C.S.R., de 30 anos de idade, e S.T.V., de 37, compraran os obxectos roubados polos xemelgos de Loenzo e o seu amigo e que a cambio do botín pagáronlles con cocaína, polo que tamén lles acusaron dun delito de tráfico de drogas. J.C.S.R. conta con varias detencións e os axentes atoparon no seu poder varios dos obxectos que foran roubados.
Tamén declararon como imputados non detidos dous mozos, unha moza e un mozo, parentes dos detidos, por ter no seu poder varios electrodomésticos e diversas máquinas que supostamente compraran aos mesmos.
Nun monte próximo ao domicilio dos presuntos autores destes roubos foron recuperados varios aparellos eléctricos, máquinas e ferramentas, as cales serían subtraídas dunha casa familiar da zona, aproveitando que os seus propietarios se achaban ausentes.
A Policía non descarta a posibilidade de que os detidos tamén sexan os autores doutros feitos delituosos ocorridos nos últimos días.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario