En xeral, Fole mostrouse convencido da necesidade de acabar coas «diferenzas que se manteñen entre o centro e o rural de Vilagarcía en canto a servizos». Para paliar esta situación, continuou o aspirante conservador, «o noso goberno promoverá todas as actuacións para garantir unha calidade de vida adecuada para todos os veciños». O acondicionamento da rúa de acceso ao colexio público, a creación de parques infantís homologados e con chan de caucho, o aparcadoiro da igrexa ou a recollida de lixo forman parte do proxecto.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario