venres, maio 02, 2008

A asociación de veciños de Rubiáns O Souto e a Asociación de Modelistas de Arousa colaboraron para a organización da exposición que, desde hoxe mesmo, pode visitarse no centro socio cultural da parroquia vilagarciá.
A mostra titúlase Achegando ou mar e componse de vinte maquetas de distintos tipos de embarcacións e de épocas moi diferentes. A precisión dos traballos permite achegarse á carpintería de ribeira e coñecer tanto as embarcacións tradicionais de pesca, como barcos de arrastre ou dornas, ata grandes veleiros, galeóns ou goletas.
Na mostra pode verse unha maqueta do Endeavour , un buque da mariña británica do século XVIII obra de Rafael Sabugueiro.
A mostra inaugúrase esta tarde, ás oito e media, nun acto no que participará o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Rato. Poderá visitarse ata o día 18. De luns a venres o horario será de cinco da tarde a once da noite, e os sábados e domingos, de once da mañá a once da noite.
A mostra enmárcase dentro do programa de actividades preparado pola asociación veciñal O Souto co obxectivo de dinamizar a vida socio cultural e lúdica de Rubiáns e dotar de contidos o centro social da parroquia. Creado fai dez meses, o colectivo que preside Xurxo Abuín organizou unha exposición cada dúas ou tres meses: unha mostra fotográfica, motos antigas e a camelia foron os seus temas.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.