xoves, maio 01, 2008

O mar nunca antes estivo tan preto de Rubiáns como estará no mes de maio con motivo da mostra sobre maquetas navais que se poderá visitar no centro socio cultural da parroquia. A asociación de veciños “O Souto” organizou a exposición na que tamén colabora a Asociación de Modelistas de Arousa “AMA”.

A mostra titulada “Achegando o mar” componse de vinte maquetas de distintos tipos de embarcacións e de épocas moi diferentes. A precisión dos traballos permite botar unha ollada moi realista á carpintería de ribeira e deleitarse tanto na vista de embarcacións tradicionais de pesca, como barcos de arrastre ou dornas, ata a grandes veleiros ou antigos galeóns e goletas. En todas as pezas, os seus autores esmeráronse en que non lles faltara nen o máis mínimo detalle, por pequenos que fosen, polo que áncoras, cabos, redes, timóns, salvavidas e demáis, están presentes nas maquetas, algunha das cales ata conta con tripulantes.
Na mostra exhíbeses unha maqueta do “Endeavour”, un buque da marina británica do século XVIII moi coñecido por ser o “Surprise” da película Master and Commander. Neste barco, obra de Rafael Sabugueiro e cuxas pezas foron deseñadas todas a man, pódese ver a través da galería de popa e con todo detalle o interior do camarote do capitán, con mesa, sillas e ata os cadros da parede.
A variedade de estilos, o colorido das pezas e a minuciosidade precisa para cofeccionar estas pequenas obras de arte converten a exposición nunha cita obrigada estes días. A mostra inaugúrase o 2 de maio, coa presencia do concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, ás 20:30 horas e poderase visitar ata o día 18. O horario é de 17:00 a 23:00 horas de luns a venres, e de 11:00 a 23:00 horas os sábados e domingos.
Esta nova exposición enmárcase no programa de actividades organizadas pola Asociación Veciñal “O Souto” co obxectivo de dinamizar a vida socio cutlural e lúdica de Rubiáns e dotar de contidos o centro socio cultural da parroquia. Dende a súa creación, en xullo de 2007, o colectivo que preside Xurxo Abuín cumplíu o obxectivo marcado de organizar exposición cada dous ou tres meses. Tras inaugurar este tipo de actividades cunha mostra fotográfica retrospectiva de Rubiáns, levaron a cabo unha exposición de motos antigas e unha mostra sobre a flor da camelia. A de maquetas navais é a cuarta mostra.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.