luns, setembro 29, 2008

"Olladas Dun Aprendiz". Exposición Pictórica de G.M. Caramés
Do 5 ao 28 de Setembro pudemos disfrutar dunha exposición de obras do artista local G.M. Caramés no centro cultural de Rubiáns. Non hai mellor presentación que a que nos pode dar él mesmo:
"Os cadros que compoñen esta pequena exposición non son máis que bosquexos dun humilde aprendiz, xa entrado en anos, que malia todo aínda conseva a ollada atenta e curiosa do rapaz que mira pola fiestra e non deiza de sorprenderse ante a inmensa, compleza, ou quizás non tanto, natureza da propia cidade, da xente e das cousas que nos saen ao paso cada día.

A única finalidade desta mostra é a de compartir con todos vós as miñas pequenas grandes obsesións cotiás: o mar, a xente corrente, ou non tan corrente, as mulleres, algúns homes, e, sobre todo, a vida.
Con estas obriñas ou divertimentos paso o tempo, e vos podo asegurar que fan moi levadeiros os momentos menos agradables e conxugan as sombras que atopamos, ás veces no camiño. Se son capaces de arríncarvos un sorriso, xa me dou por satisfeito".
(G.M. Caramés)

Sinxelo, humilde, humán, xenial. Si non tuvestedes oporunidade de disfrutar da sua arte velai os deixamos as fotos da exposición. Cita obrigada.
PULSA para velas Fotos da exposición

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.