mércores, xaneiro 14, 2009

A asociación de veciños O Souto, de Rubiáns, organizouse na xornada de onte ante a noticia deste pleno extraordinario. A reunión celebrouse na noite de onte e está previsto que na mañá de hoxe, o colectivo faga públicas as súas conclusións.
Non se descarta que se boten á rúa coas súas protestas, tal e como advertiran o pasado luns. A mensaxe, ante os portavoces de todos os partidos, foi o de evidenciar que esta atípica sesión plenaria debería levar a cabo durante esta mesma semana. A convocatoria socialista para o vindeiro luns non sentou nada ben no seo do colectivo veciñal e a última hora de onte concretábanse os detalles das accións a tomar.
Pola súa banda, a xunta de goberno local segue sen incluír no proxecto estatal a reforma da praza do Souto, aínda que desde o PSOE insisten en que esta obra levará a cabo «este mesmo ano». A forma de cumprir esta promesa é a de facela efectiva «con outros fondos estatais», en referencia aos orzamentos que manexa a Deputación provincial en colaboración co Goberno e cos Concellos. Este punto non é compartido polos veciños de Rubiáns, que non ven tan clara a viabilidade desta obra se non se inclúe dentro dos fondos estatais anticrisis.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.