martes, abril 07, 2009

A concellaría de Educación inaugurará, logo das vacacións de Semana Santa, o seu programa de apoio escolar e as súas iniciativas na área de prevención do absentismo entre os máis novo .

Así, os distintos colexios e institutos do municipio contarán con actividade fose do horario lectivo. Para o primeiro programa, o do reforzo educativo, o público obxectivo sobre o que se actuará serán os escolares de quinto e sexto de Primaria. Trátase de impartir sesións de axuda asentadas en catro grandes áreas: lectura, escritura, cálculo matemático e técnicas de estudo. A pesar de que estas aulas de reforzo ofreceranse en todos os colexios da cidade, haberá unha especial atención a aqueles que estean situados na periferia -Carril, Vilaxoán e Rubiáns-, para que os alumnos destas zonas non se teñan que desprazar ata o centro. Os profesores e titores dos distintos colexios serán os encargados de escoller a aqueles alumnos que reciban esta formación complementaria. Ademais, os alumnos de primeiro e segundo de Primaria tamén terán actividades de animación e comprensión de lectura e debuxo.
A outra gran aposta do departamento que dirixe Susana Camiño é o programa de loita contra o absentismo e o abandono escolar. O primeiro paso para erradicar este fenómeno é o de conformar un protocolo de actuación. Elaborarase un estudo e intentaranse coñecer as causas que provocan este feito.
Paralelamente haberá un programa de asesoramento orientado a aqueles mozos que abandonaron o sistema educativo. O obxectivo é ofrecer información, realizar cursos formativos e facilitar a obtención dun emprego.
(Fonte: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.