domingo, outubro 10, 2010

CARTA ABERTA Á SRA ALCALDESA DE VILAGARCÍA

         Estimada Alcaldesa:

 

                   Hai unha sentencia popular moi utilizada por todos que dí que "as palabras lévaas ó vento". A miúdo este tipo de frases encerran verdades indiscutibles, pero neste caso nada mais lonxe da realidade: Cando as palabras as pronunciamos diante dun ou dunha periodista, corremos o "perigo" de queden ahí para a posteridade, e calqueira pode facer que volvan ser actualidade, simplemente acudindo a Internet ou ás hemerotecas.

 

                   Ven esto a conto das súas declaracións recollidas na prensa de hoxe, nas que  "falta á verdade", e utilizo esta expresión en lugar de outra mais contundente, porque dou por feito que en absoluto hai mala vontade pola súa parte, xa que tódalas veces que mantivemos algunha reunión con vostede, éstas discurriron en medio da mais absoluta cordialidade e respeto mutuo,  senón descoñecemento do tema, xa que ten vostede delegadas as competencias en "Ordeación do territorio", é conseguintemente fióuse, alomenos ata fai uns días, do seu concelleiro delegado, quen posiblemente non fose merecedor da confianza que vostede depositou nel.

 

                   Se vostede revisa a fotocopia do boceto que lle entregamos na primeira das reunións que mantivemos para desbloquear o tema da construcción da "Praza do Souto", verá que o que agora reivindicamos, xa estaba grafiado en dito boceto, como se recolle na prensa local do día 1 de marzo de 2009. (Non, non é un erro, foi o 1/03/2009). Algúns dos aspectos secundarios, deixámolos de lado, en base a acadar un acordo rápido, pero os puntos básicos, como era que a praza se artellase en dous niveis, o primeiro de 14 m de anchura separado por un talude da praza propiamente dita que ocuparía o nivel elevado, e que a pavimentación dos dous planos se executara en lousa de pedra, foron xa, dende o principo irrenunciables para nós, e así llo expresamos sempre tanto ó seu concelleiro delegado como ó técnico redactor do proxecto.

 

         O de que eisiximos unha grada, supoño que non é mais que a cativa xustificación do seu concelleiro, incapaz de asumí-la súa incapacidade para resolver un conflicto creado por él mesmo. Nós suxerímo-la posibilidade de salvar o desnivel con un muro, con un talude acabado en terra vexetal con plantas, ou cunha grada de 2 ou 3 peldaños. Polo tanto, a parte de ser un insulto á inteligencia, é faltar á verdade decir que os veciños introducen a última hora unha nova eisixencia (a da grada)

 

                   Tamén é faltar á verdade decir que o retraso das obras se deben a que demoramos o derribo do vello palco. Éste derribouse o día 7 de maio de 2010 (ver prensa local do día seguinte), e vostedes non aprobaron o proxecto ata finais de agosto. De maneira que hai que falar con coñecemento do que se dí.

 

                   Tampouco é elegante, tentar confundir á opinión pública decindo que outra das causas do retraso é que pedimos que non se iniciasen as obras a semana anterior á das festas de Rubiáns, xa que implicaría a suspensión das mesmas, e que esperaran ó seu remate (celebráronse do 3 ó 7 de setembro de 2010), cando a realidade é que as obras tiñan que estar rematadas antes de que acabase o ano 2009, e que por causas alleas ós veciños, vostedes tiveron que pedir un aprazamento á Deputación Provincial, que hai que lembrar que era a institución que subvencionaba a obra, e que para argumentar a súa petición de aprazamento o propio Director de obra se dirixíu a mín no mes de maio para pedirme que a Asociación pedise por escrito dito aprazamento en base á celebración das festas, e que así o fixemos (lembre que non aprobaron o proxecto ata agosto).

 

                   Lamento sra alcaldesa, ter que ser así de contundente, pero apelo á súa cordura e sentido común para que o conflicto remate de xeito inmediato, á vez que espero e desexo que unha vez que abandone a política activa, en Rubiáns se lle lembre sempre como a Alcaldesa que tivo a sensibilidade de escoitar ós veciños, e que, de acordo con eles, fixo construír a Praza do Souto. Reciba un cordial saúdo.

 

                   Vilagarcía 9 de outubro de 2010

 

 

 

 

 

                                          Asdo: Xurxo Abuín

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.