sábado, xaneiro 29, 2011

MARCOS COLL & PETER CROW, ESTRELLAS DO BLUES, ACTUARÁN EN FEBREIRO EN RUBIÁNS
A AAVVCC "O SOUTO" eleva o listón da calidade das actuacións
musicais que programa regularmente. Esta vez, coa Concellería de
Cultura de Vilagarcía vai presentar un concerto posiblemente
irrepetible.
Ou o que é o meso, o novo proxecto do Marcos Coll (Los Reyes del
K.O.), quen desta vez sube ao escenario con Peter Crow C (tamén
coñecido coma Peter Krause), lider do grupo The Weed Whackers (grupo
que mezcla como poucos blues, jazz e folk negro de preguerra).
Marcos Coll, esta considerado un dos mellores armonicistas de europa,
habendo sido incluso parte do xurado na competicion mundial de
armonica máis importante do mundo, o World Harmonica Festival de
Trossingen... aparte de tocar coa sua banda, Los Reyes del KO, por
todo o mundo, traballou con lendas da talla de Buddy Miles (Jimmy
Hendrix), Mick Taylor (RollingStones) incluso habendo tocado con Tom
Jones... aparte da sua faceta blues, tocou e grabou diferentes
estilos, como Reggue, Funky ou Rock con Siniestro Total... No seu
proxecto de Hip Harp, a armónica adquire unha cor poucas veces vista
ao ser tocada a través dun multiefecto, o que lle confire un son
totalmente innovador realmente sorprendente.

Peter Crow C. guitarrista, armonicista e cantante residente en Munich,
con corazón e alma afincada na música negra americana comprendida nos
anos 20-40. Arrastra coas suas interpretacións a melancolía desa ceda
época do blues urbano cunha soberbia coherencia estilística. Centos de
presentacións en vivo por todo o mundo fixeronlle gozar dunha
excelente reputación na escena do blues internacional. As súas
actuacións non se centran en meras interpretacións da música
tradicional senón que introduce novo material groove cargado de
sentimento. Compartiu escenario con artistas de renome como Paul Orta,
Steve James, Geremia Pablo, Kweskin Jim, etc… e recentemente foi
galardoado co Deutschen Schallplatten Kritik.
Xuntos presentarán en Rubiáns un show que fará as delicias tanto dos
amantes da boa música como de aqueles que gusten de pasar un bo rato
nun ambiente especial.
O noso agradecemento unha vez mais ó Concelleiro de Cultura Xosé Castro Ratón.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.