xoves, febreiro 24, 2005

Un grupo de profesores de colexios franceses e italianos gozan dunha estancia en Vilagarcía por mor dun intercambio escolar co colexio de Rubiáns.


O programa Comenius no que participan centros de Gran Bretaña, Provenza e Gales está xa na súa recta final, non en balde este é o terceiro ano dunha experiencia común que leva por nome A chave da amizade . O obxectivo principal desta iniciativa é o de intercambiar experiencias e material de traballo para adquirir coñecementos doutras culturas europeas co fin de establecer lazos de amizade e logo compartir esas experiencias cos alumnos.

Este ano, aproveitando o tirón dos Xogos Olímpicos, os intercambios centráronse nos deportes. Trabállanse tres aspectos: hábitos para unha vida saudable, deportes que se practican en cada país e xogos tradicionais.

Xornada deportiva

No marco desta experiencia, hoxe celébrase unha xornada deportiva no colexio de Rubiáns. A partir das once e media da mañá, os alumnos realizarán unha táboa de exercicios no salón de actos e logo sairán ao patio para participar nunha serie de xogos tradicionais.

O intercambio finalizará cunha posterior visita que os profesores de Rubiáns e dos outros países participantes realizarán a Francia.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.