Durante todo ese tempo, din desde os colectivos veciñais existentes en Rubiáns, todas as inquietudes culturais e sociais que se daban no lugar debían pasar necesariamente pola igrexa. Agora, co novo edificio social, as cousas cambiaron.
Tanto as entidades deportivas como as culturais fincadas nesta zona de Vilagarcía comprometéronse a non desaproveitar a ocasión, e este fin de semana organizaron un apertado programa de actos, con petiscos incluídos, que foi secundado por medio centenar de veciños. Ademais dos petiscos, inaugurouse unha exposición de manualidades realizada polas mulleres rurais e un baile aberto tanto a nenos como a maiores, que tivo lugar onte pola tarde.
(Fuente: La Voz)
(Foto: M.M.)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario