venres, xuño 23, 2006

Para cada rapaz participante un lote de mochila, camiseta, chubasquero, gorra e caderno de notas. Para o centro, pósteres, calendarios e puzzles. Todo iso foi entregado ao colexio de Rubiáns esta semana polos técnicos do parque nacional Illas Atlánticas.

O motivo, o brillante traballo realizado polos alumnos de quinto curso de Primaria no concurso de creación Mergullándonos nas Illas Atlánticas, convocado polo parque nacional. A organización prevía catro premios, un por cada unha das rías implicadas no proxecto, e outro xeneral, unha primeira distinción para a proposta máis orixinal.

Finalmente, o galardón recaeu no \\, realizado e deseñado polos estudantes de dez e once anos do centro vilagarcián. A peza é un \\, amplamente documentado, no que Cortegada dá forma ao pasado, o presente retrata unha viaxe realizada polos alumnos a Ons, e o futuro chama ao onírico co lema «un arco dá vella de esperanza».

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.